O sistema eco-Shredder foi deseñado para aumentar a seguridade e mellorar a produtividade das oficinas, os despachos e os arquivos co conseguinte aforro económico, xa que partimos dun servizo externo, profesional e de gran capacidade, que fai que a relación prezo-calidade sexa altamente atractiva.
O valor engadido é a externalización na xestión efectiva e discreta no preceso de eliminación confidencial e certificada dos docuemntos en desuso.
A destrución é inmediata no mesmo lugar de orixe dos documentos e fai imposible tanto a súa reconstrución como a recuperación ou o recoñecemento de calquera información contida nos documentos.
Outras opcións dispoñibles no mercado, é dicir, a entrega ou venda de documentos como papel usado para a súa reciclaxe, sen destrución previa, NON son un método seguro. O receptor ou comprador do papel usada relaizará unha selección, descartando o que non considera útil, sen que o responsable dos documentos saiba cal é o destino final do documento ou do papel que non se considera apto para a reciclaxe, polo seu baixo valor.
Po outra banda , adóitase almacenar intacto durante tempo indeterminado e sen ningún tipo de medida de seguridade, de xeito que o material para reciclar se abandona ata reunir unha cantidade suficiente de papel do mesmo tipo ou color.
La destrución confidencial de documentos in situ é á única que asegura que foron totalmente destruídos coas máximas medidas de seguridade y confidencialidade, e elimina totalmente o risco de perda ou filtración de información na fase posterior de transporte e almacenamento antes de que os documentos sexan destruídos nunha planta de tratamento de residuos.
O método máis adecuado e seguro é á trituración con corte cruzado, previo ao traslado a un almacén ou unha planta de reciclaxe. O papel ten que converterse en partículas a un nivel adaptado segundo a norma internacional DIN 32757-1.
Un proceso que garante a seguridade y confidencialidade dos seus documentos.